O BNG presenta unha moción para que o concello elabore un plan integral de circulación

O BNG presenta unha moción para que o concello elabore un plan integral de circulación

O BNG presenta unha moción para que o concello elabore un plan integral de circulación para o núcleo de Barrantes e accesos ao colexio, no cal participen a comunidade educativa e demais axentes sociais

O Portavoz do BNG, Xoán Allegue, cree urxente tomar medidas ante o colapso de tráfico nos arredores do colexio de Barrantes

Co inicio do novo curso e sen se incorporar aínda os alumnos da ESO, os problemas de tráfico arredor do colexio de Barrantes son máis que evidentes, tal e como veñen de padecer moitas familias e alumnado.

Non só é difícil o acceso ao colexio senón podemos incluso dicir que nun entorno de tantísima densidade de vehículos, cun número tan importante de nenos, existe unha situación de máximo risco, acrecentado se cabe nos días de choiva.

A aglomeración de vehículos, o transporte escolar, comercial, etc., fan que nun momento horario moi puntual sexan intransitábeis os accesos ao colexio. Ademais, cabe destacar que todos os accesos, en moitos casos, transitan por rúas de edificios, con aparcamentos a ambos lados, polo que se saturan tamén

Ademais, podemos observar que un número importantísimo dos usuarios do colexio viven no propio entorno, é dicir, nos edificios achegados, en pleno núcleo, polo que dende o BNG cremos que sería interesante ter en conta medidas que se teñen tomado para tentar aliviar esta situación noutros concellos, como son as rutas seguras, e en colaboración cos pais e nais, vixiantes nos cruces, desvíos puntuais de tráfico, etc

 

O BNG presenta unha moción para que o concello elabore un plan integral de circulación