O BNG pregunta polo entramado empresarial na xestión da Residencia ValleInclán en Vilanova de Arousa

O BNG pregunta polo entramado empresarial na xestión da Residencia ValleInclán en Vilanova de Arousa

O Grupo Parlamentar do BNG, a través da súa deputada Montse Prado, ven de presentar unha Proposición non de Lei instando á Xunta de Galiza a que non adxudique as 50 prazas de atención residencial a persoas maiores á empresa Euroconsultores Socio Sanitarios SL por formar parte dun entramado empresarial e da máis que dubidosa veracidade de documentación presentada por esta empresa para xestionar o xeriátrico Valle Inclán en Vilanova de Arousa.

Diante das diversas iniciativas que o BNG ten presentado no Parlamento Galego a respecto da Residencia Valle Inclán, xestionada por Viajes Silgar, e logo por Nurtime, solicitando á Xunta de Galiza a actuar para solucionar o conflito laboral existente na residencia polo despedido de 39 traballadores e traballadoras e garantir a prestación dun servizo de calidade ás persoas residentes, a deputada Montse Prado denuncia que unha vez máis a Consellaría de Traballo e Benestar ampara actuacións fraudelentas de empresas amigas ao propoñer a adxudicación de 50 prazas á empresa Euroconsultores Socio Sanitarios, empresa que non consta na seguridade social con traballor algún nin que teña instalacións para facerse cargo d@s residentes.

Para Montse Prado todo apunta a que estamos ante unha trama de desvío de fondos públicos para xustificar a insolvencia da empresa Nurtime con sentenzas condenatorias polo Xulgado do Social de Pontevedra para pagar as indemnizacións @s traballador@s despedid@s.

Para a nacionalista, é máis que obvio o entramado empresarial, co encubrimento da conselleira Beatriz Mato, dada a relación de exaltos cargos do Partido Popular como conselleiros da empresa Euroconsultores Socio Sanitarios.

Xuntanza de Montse Prado coas traballadoras despedidas da Residencia Valle Incán

Montse Prado sinala que é inexplicábel que a Conselleira non teña recibido aos extraballadores e extraballadoras da residencia, a pesar de telo solicitado en diversas ocasións, nin teña atendido aos escritos presentados pola Confederación Intersindical Galega onde advertían que Euroconsultores Socio Sanitarios non cumpría coas condicións técnicas ou profesionais para poder concorrer a este contrato coa Administración Autonómica.

Por todo isto, é polo que o BNG ven de presentar unha batería de preguntas para que a Consellería de Traballo e Benestar resposte ante as evidencias de irregularidades que se están a dar e solicita ao Goberno galego que proceda á depuración de responsabilidades pola proposta de adxudicar a Euroconsultores Socio Sanitarios estas prazas a pesar dar información recibida.