O BNG PIDE UNHA AMBULANCIA MEDICALIZADA PARA A COMARCA DO SALNÉS E O PP VOTA EN CONTRA

O BNG PIDE UNHA AMBULANCIA MEDICALIZADA PARA A COMARCA DO SALNÉS E O PP VOTA EN CONTRA

A deputada do BNG, Montse Prado reclamou hoxe o servizo permanente “24 horas ao día durante todo o ano” dunha ambulancia medicalizada ou soporte vital avanzado na comarca do Salnés.

A parlamentaria lamentou o voto en contra do Partido popular á iniciativa nacionalista e lembrou que esta forza política votou a favor no pleno municipal. “Vostedes, afirmou, votan unha cousa alí e o contrario no Parlamento” polo que convidou ao PP a manter ante os afectados/as da comarca a afirmación do portavoz popular Aurelio Núñez Centeno que dixo, “non parece xustificábel este servizo”.

20150318_120847

Prado preguntou porque non é posible atender as urxencias extra-hospitalarias tendo en conta que a realidade cínguese a “unha ambulancia de soporte vital básico para 41.000 habitantes, ningunha de soporte avanzado, e ningunha UCI hospitalaria”

A ambulancia máis próxima, explicou a deputada, está a 30 minutos que debe atender a unha poboación que supera os 300.000 habitantes coa consecuencia dun grave risco exponencial para os veciños e veciñas do Salnés. Vostedes actúan de “maneira temeraria” e poñen en risco á poboación do Salnés porque pensan que nunca estarán tirados nunha estrada agardando 30 ou 40 minutos por unha ambulancia procedente de Vigo ou Pontevedra. Eses veciños e veciñas, denunciou, a nacionalista, “non son o pai de Rajoy” ingresado no Hospital de Montecelo coa mobilización total do centro, eses veciños e veciñas non entran pola porta de atrás nin teñen teléfono ao que chamar porque “están vendidos” coa súa política sanitaria.

A deputada reprobou que o PP no Salnés sega co engano de estar mirando materializar o servizo cando no Parlamento galego pronunciase en contra de poñelo en marcha.