O BNG DE MEAÑO DENUNCIA O PERIGOSO ABANDONO DA ÁREA INDUSTRIAL DA PEDREIRA

O BNG DE MEAÑO DENUNCIA O PERIGOSO ABANDONO DA ÁREA INDUSTRIAL DA PEDREIRA

20140130_103202Nos últimos oito meses o BNG denunciou en diversas ocasións o abandono da Área Industrial da Pedreira, un abandono que amosa a despreocupación e o desleixo do actual goberno municipal do PP na atención ás necesidades do noso concello.

E curiosamente estamos a falar dun goberno municipal que mentres mantén nunha situación de abandono diversas zonas e infraestruturas do noso concello non tivo problema hai pouco tempo en devolver un crédito de interese 0 de 116000 euros da Deputación de Pontevedra.

Debemos lembrar que neste ano cumpriranse vinte do inicio en 1994 da actividade dunha área industrial que foi promovida no seu momento polo propio concello. E desgraciadamente calquera persoa que na actualidade visite ou pase pola Pedreira pode comprobar a simple vista o lamentábel estado no que se atopan algunhas das zonas, un estado lamentábel que é debido á ausencia de mantemento.

Como se pode comprobar nas imaxes que adxuntamos hai problemas de deficiente remate de algunhas obras de infraestruturas con desniveis ao respecto do asfaltado e inexistencia de tapas que garatan a seguridade das persoas que poden transitar polo mesmo e un correcto funcionamento dos condutos.

20140130_103331Unha vez máis desde o BNG queremos denunciar esta realidade ao tempo que lle pedimos ao goberno municipal que adopte as medidas precisas para arranxo destas deficiencias que poden poñer en perigo a integridade física de veciños e veciñas do noso concello.