O BNG levará á Comisión de Pesca a paralización das obras de comportas en Tragove

O BNG levará á Comisión de Pesca a paralización das obras de comportas en Tragove

O BNG presenta para o seu debate na Comisión de Pesca unha serie de preguntas sobre a paralización das obras de construcción de comportas no Saco de Fefiñáns en Cambados.

A deputada nacionalista, Monste Prado critica a política de propaganda e de promesas incumpridas desde que o Partido Popular está na Xunta de Galiza a respecto da eliminación de verquidos no Saco de Fefiñáns en Cambados, así como da súa necesaria rexeneración. Dentro destas actuacións está o proxecto de colocación de “comportas de regulación hidráulica no Porto de Tragove”, que Portos de Galiza, en connivencia cos responsábeis do Concello de Cambados e da Confraría co Patrón Maior a fronte, se empeñaron a levar adiante malia non ter informes que o xustificaran nin avalaran.

Para a nacionalista este proxecto nunca foi para darlle prioridade á produción marisqueira, senón a outros usos como son potenciar e desenvolver actividades náutico-deportivas. Este proxecto afecta directamente ao dominio público terrestre, á súa protección e utilización, alterando o réxime mareal e os outros usos establecidos. Nunca tivo garantido, nin moito menos, o non impacto desta infraestrutura no banco marisqueiro do Saco de Fefiñáns e o seu impacto ambiental.

Hai uns días que @s veciñ@s de Cambados viron como a empresa adxudicataria, e despois de meses de inactividade, procedeu á retirada da maquinaria, das estruturas e incluso da caseta de obra que tiña na zona, non cumprindo polo tanto cos prazos de execución das obras establecido na adxudicación. A xustificación que Portos de Galiza dá inicialmente é pola “grande complexidade técnica”e agora por xeotécnicos que provocaron a cesión do fondo coa colocación das estruturas, dificultades que nunca apareceron recollidas nin no proxecto nin en ningún informe.

Todo parece indicar que estamos diante do abandono da obra, que o PP impuxo malia non contar no expediente cos informes preceptivos e facendo caso omiso ás peticións de que a prioridade tiña que ser sanear o Saco de Fefiñáns e depurar as augas que se verten nesta zona, evitar a contaminación mariña neste banco marisqueiro para recuperalo para a produción marisqueira como sempre foi, e con isto contribuír a manter os máis de 200 postos de traballo que actualmente ten a agrupación de mariscador@s aDSC_0612 pé de Cambados e a xerar máis.

Por todos isto, o BNG pregunta polas razóns pola que a empresa contratada desmontou a estrutura de construción, retirou a maquinaria e ata a caseta das obras de “comportas de regulación hidraulica no Porto de Tragove” e si isto significa que xa non se van construír. A deputada tamén pregunta si a paralización das obras foi unha decisión que adoptou a propia empresa ou se houbo un acordo entre a empresa e Portos de Galiza.