O BNG leva ao Parlamento Galego as deficiencias do CEIP de Rubiáns.

O BNG leva ao Parlamento Galego as deficiencias do CEIP de Rubiáns.

A deputada Montse Prado presenta varias iniciativas instando á Xunta de Galiza a acometer as obras de reparación no centro de ensino de Rubiáns.

Diante das reiteradas denuncias que a ANPA do CEIP de Rubiáns teñen realizado polo grave estado de abandono no que se atopa o centro de ensino, o BNG preguntará á Consellaría de Educación cales son as razóns polo que a día de hoxe non se acometense as actuacións precisas para subsanar as deficiencias do centro educativo.

Montse Prado critica o engano sistemático do PP e de promesas incumpridas por non realizar as obras, logo de comprometerse coa20140124_130222 comunidade educativa deste centro de elaborar un informe técnico sobre as actuacións necesarias para solucionar os problemas do ximnasio ou de illameto de todo o centro e sinala que foi a propia ANPA quen tivo que encargar un informe propio pagado do seu peto.

A nacionalista considera inadmisíbel que o Goberno Galego permita o deterioro dun centro de ensino ata os niveis do que está o CEIP de Rubiáns, polo que insta á Xunta de Galiza que de xeito inmediato proceda a levar a cabo as obras necesarias para o correcto funcionamento como centro educativo público no que se imparta un ensino de calidade con todas as condicións de seguridade para alumnado e profesorado e proceda a manter a reunión que lle teñen demandado desde a ANPA desde hai dous anos.

Para o BNG o deterioro no que se atopa moitos centros de ensino non son máis que a consecuencia das políticas de recortes levadas a cabo polo goberno do PP en educación, e proba disto, é a redución dun 15% nos orzamentos desde a chegada de Feijoó ao goberno mentres conceden enormes subvencións a colexios privados e concertados.