O BNG lamenta que a Xunta non considere unha prioridade actúar na PO-300 na parroquia de Oubiña

O BNG lamenta que a Xunta non considere unha prioridade actúar na PO-300 na parroquia de Oubiña

A parlamentaria do BNG, Montse Prado defendeu na Comisión 2.ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos unha iniciativa para que o goberno Galego de solucións ao importante número de sinistros que se producen na PO-300, ao seu paso pola parroquia de Oubiña, e en especial no “punto negro” situado entre as últimas vivendas, no lugar da Cerexeira e o polígono de Sete Pías.

No tramo en cuestión hai unha curva pechada despois de recta, tanto en sentido Cambados como en sentido Mosteiro. Un tramo no que non existen nin arcén, nin beirarrúas. Só existen, en ambos sentidos, sinais convencionais que advirten da existencia de curva perigosa, e de recomendación de circular a 50Km/h,. tendo en conta ademais que no 1.5 kilómetros da estrada Po-300 que discurre pola parro20151130_172211quia de Oubiña hai vivendas a ambos lados e non existe nin un só paso de peóns.

Prado considera, diante do impotante número de sinistros que se da neste tramo da parroquia de Oubiña, que segundo os datos de Protección Civil de Cambados nos últimos tres anos téñense producido 24 accidentes, algúns deles con vítimas mortais, son suficientes para que fora considerado Tramo de Concentración de Accidentes,TAC, que a DXT define como “aqueles tramos na rede que presentan unha frecuencia de accidentes significativamente superior á media de tramos de características semellantes”, e polo tanto realizar actuacións para evitar que se sigan a producir accidentes, cando menos a sinalización específica que advirta da alta sinistrabilidade na zona.

A parlamentaria replicou que a resposta do Director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, de que van “seguir atentos” e que “hai que ir priorizando actuacións” non é nin moito menos satisfactoria, nin tampouco que as medidas tomadas son suficientes para que de producirse outro accidente este sexa máis leve.

O BNG lamenta que a Xunta non considere unha prioridade actúar no punto negro da PO-300 na parroquia de Oubiña, para evitar a alta sinistrabilidade que nel se produce, “é evidente que as medidas que tomaron non son suficientes cando xa se teñen producido dous accidentes no que vai de 2016”, sinala a deputada.

Prado concluíu a súa intervención reclamando que se teñan en conta as demandas da Asociación de Veciños de Oubiña e a que se manteña unha xuntanza con representantes do concello de Cambados, que teñen solicitado unha reunión hai meses cos responsábeis da Xunta para abordar o tema, en concreto con Cores Tourís, sin que ata o momento teña encontrado oco na axenda para tratar o tema.