O BNG lamenta que Portos Galiza non atendera as demandas da agrupación de mariscadoras de Cambados

O BNG lamenta que Portos Galiza non atendera as demandas da agrupación de mariscadoras de Cambados

A deputada do BNG, Montse Prado critica ao Presidente de Portos de Galiza, José Juán Durán por recoñecer que se vai seguir coas obras de construción das comportas do Saco de Fefiñáns en Cambados contra a opinión do sector do mar e en concreto da agrupación de mariscadoras.

Para a nacionalista é inadmisíbel que o Presidente de Portos de Galiza, na súa iBNG-CAMBADOS-1-5ntervención na Comisión de Pesca e Marisqueo, avalara a continuación deste proxecto a pesar de que xa fora advertido polo sector do mar das dificultades técnicas e que se precisaban estudos previos para evitar os riscos nesta zona. Que a mellor opción era sanear esa zona para que deixara de ser considerada zona C e poder ser explotada e traballada polas mariscadoras.

Prado tamén critica, que na súa exposición o Sr. Durán, ven de confirmar que o sector do marisqueo é secundario, persiste en levar a cabo este proxecto, do que xa leva gastado máis de 153.000 € un ano despois da súa adxudicación e que a día de hoxe non hai ningún tipo de actividade. A deputada pregúntalle se ten algo que ver a paralización das obras e retirada de toda a maquinaria desta zona dous días despois das eleccións na Confraría de Cambados.

A parlamentaria demanda ao PP e ao Sr. Durán que se deixen de promesas electorais, que teñan en conta as demandas do sector e da agrupación de mariscadoras de Cambados para que poidan traballar e vivir do mar e sinala que desde o BNG seguirán opoñéndose a que se destinen recursos públicos para obras e actuacións innecesarias.