O BNG INSTA Á XUNTA A RECTIFICAR A ORDE QUE REGULA AS AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO

O BNG INSTA Á XUNTA A RECTIFICAR A ORDE QUE REGULA AS AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO

A deputada nacionalista, Montse Prado reuniuse esta mañá no Parlamento Galego coas Anpas e con colectivos de familias con nen@s con necesidades educativas especiais escolarizados en centros ordinarios que reclaman da Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación unha modificación na orde do 28 de maio de 2014 que regula as axudas para a adquisición de libros de texto.

2014.09.16-Foto xuntanza AnpasPrado denuncia que con esta nova orde @s nen@s con necesidades especiais escolarizados en centros ordinarios non poderán acceder a axudas para material escolar, primeiro porque o material que precisan maioritariamente estes nen@s non son libros de texto, si cada nen@ ten o seu propio ritmo de aprendizaxe @s nen@s con necesidade educativas especiais moito máis, de xeito que precisan recursos e materiais que respondan as súas especificidades individuais, e segundo porque os que teñen unha discapacidade recoñecida de máis do 65% non están escolarizados en centros ordinarios.

Diante desta situación, diferentes colectivos están a realizar actuacións para conseguir a modificación desta orde que na práctica significa o fomento da segregación e non da integración d@s nen@s con necesidades especiais.

Para o BNG a inclusión non pode ser unha palabra baleira de contido, senón que para ser real ten que ir acompañada de medidas, de recursos que fagan posíbel a igualdade de oportunidades.

Prado critica que unha vez estamos diante dunha escolla ideolóxica do Partido Popular á fronte do Goberno galego, unha medida que expulsa do ensino ordinario na vez de integrar e fomentar a normalización na sociedade dest@s nen@s, unha medidas que carga ás familias con máis gastos.

Para a nacionalista o Goberno do Partido Popular non fai máis que presumir de “medidas de aforro” cando o que fai realmente é trasladar os gastos ao pobo. "É mezquino que lle neguen axudas @s que máis o precisan entretanto entregan miles de millóns aos bancos e aos que máis teñen".

Para o BNG, esta medida que supón máis eliminación de apoios e recursos, en beneficio dDSC_0612as necesidades de apoio educativo é un retroceso grave na inclusión e na integración que visibiliza con claridade a intención do Partido Popular de “invitar” ás familias a que non escolaricen @s seus fill@s no ensino ordinario senón en centros específicos.

Por outra parte, denuncia que na reunión mantida no mes de agosto con familias afectadas na xefatura provincial de Educación de Pontevedra recoñecéuselle o problema que xeraba esta convocatoria e houbo o compromiso de trasladar o tema @s responsábeis da Consellaría para que lle deran solución, mais a día de hoxe non teñen ningunha resposta, e seguen agardando a que o Conselleiro teña a ben recibil@s.

Por estas razóns, desde o BNG presentáse unha serie de preguntas ao Goberno Galego para que expliquen cales son as razóns que a Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria cambiara os criterios para que as axudas sexan só "para adquirir unicamente libros de texto", e que resposten se considera normal que un neno ou unha nena con necesidades educativas especiais escolarizado nun centro específico reciba automaticamente 250 euros independentemente da renda, e @s escolarizad@s en centros ordinarios se lle esixan todo tipo de requisitos, e logo a cuantía que lle corresponda non a poidan empregar para mercar os materias que precisan.