O BNG insta á Xunta de Galiza a acometer melloras de seguridade viaria en Oubiña, Cambados

O BNG insta á Xunta de Galiza a acometer melloras de seguridade viaria en Oubiña, Cambados

A parlamentaria do BNG, Montse Prado ven de presentar unha serie de iniciativas para que o goberno Galego de solucións ao importante número de sinistros que se producen na PO-300, ao seu paso pola parroquia de Oubiña, e en especial no “punto negro” situado entre as últimas vivendas, no lugar da Cerexeira e o polígono de Sete Pías.DSC_0612

Con estas iniciativas  a deputada quere denunciar a deixadez da Xunta de Galiza neste tramo da rede viaria, que é da súa competencia, por non ter actuado logo das diversas demandas feitas pola Asociación de Veciños da parroquia de Oubiña e mesmo do BNG .

Para o BNG diante do impotante número de sinistros que se da neste tramo da parroquia de Oubiña, que segundo os datos de Protección Civil de Cambados nos últimos tres anos téñense producido 24 accidentes, algúns deles con vítimas mortais, fai necesario que se adopten decisións de inmediato para solucionar o problema.