O BNG DO SALNÉS PRESENTA OS ACTOS POLO DÍA DA PATRIA GALEGA

O BNG DO SALNÉS PRESENTA OS ACTOS POLO DÍA DA PATRIA GALEGA

Baixo o lema da campaña “ En pé por Galiza! Soberanía, democracia, dereitos” o BNG do Salnés presentou publicamente os actos comarcais e nacionais que se celebrarán este ano polo Día da Patria Galega.

O responsábel comarcal do BNG, Xoán Castaño, sinalou que este Día da Patria ten que servirnos para reivindicar unha Galiza en pé, soberana, democrática e con dereitos. Un Día da Patria para demostrar que o BNG é a mellor ferramenta para defender os nosos dereitos como pobo e combater as políticas impostas polo Estado Español e a Unión Europea.

Xoán Castaño afirmou que este ano “a xuventude ten que ser a protagonista, son os que máis sofren as políticas do Partido Popular con altas taxas de paro, emigración e precariedade labora20140718_111540l. A mocidade ten que revelarse para simbolizar que Galiza non ten futuro sen a xente nova”.

Para a deputada nacionalista Montse Prado o 25 de Xullo , Día da Patria Galega, "é a data onde @s nacionalistas celebramos que somos unha nación, data na que moitos galegos e galegas seguimos a defender unha Galiza co dereito a decidir", e que este ano é especial na medida en que o debate soberanista, o debate do dereito de autodeterminación dos pobos estase a dar a nivel europeo, como en Catalunya e Escocia, e que Galiza debe ser suxeito político activo neste proceso.

Montse Prado fixo un chamamento a todas aquelas persoas e colectivos afectados, que cren que Galiza ten que estar presente, a participar na manifestación do 25 de Xullo, que sairá ás 12 h., da Alameda de Santiago de Compostela e convidalos2014-07-22 Cartaz festa comarcal día da patria á festa comarcal que este ano celebrarase en Cambados o martes 22 de xullo, a partir das 21 h., no Paseo da Calzada na que contaremos coa presenza do portavoz nacional do BNG, Xavier Vence.

Desde o BNG tamén animamos á xente a participar nas distintas actividades que se van desenvolver arredor do Día da Patria, como o Festigal, que se celebrará o 24 de xullo e nas actividades lúdicas o día 25, ao remate da manifestación, na Carballeira de San Lourenzo (Campus Sur) con espazos para xantar, charlas, galería de letras, e espazos infantís.