O BNG DO SALNÉS EXPÓN NUNHA CHARLA INFORMATIVA AS SÚAS ALTERNATIVAS AO MODELO DE SOGAMA.

O BNG DO SALNÉS EXPÓN NUNHA CHARLA INFORMATIVA AS SÚAS ALTERNATIVAS AO MODELO DE SOGAMA.

2013.12.13- foto charla sogama1O responsábel comarcal do BNG, Xoán Allegue expuso, ante os asistentes á charla, que para o BNG o modelo de Sogama vén de demostrar que non é o máis eficaz ni co medio ambiente nin o máis económico, tal e como ven denunciando o BNG nas distintas institucións, polo incremento do canon que quere impor a Xunta de Galiza do PP e que repercutiría economicamente non só nos concellos senon tamén a todos os galegos e galegas.

Na charla participou Marta Domínguez , técnica do proceso no Complexo Medioambiental do Barbanza, desde a súa posta en marcha no 2003, e cun amplo currículo en publicacións en materia de xestión de residuos e uso de compost en solos de cultivo que explicou o proceso que se leva a cabo nesta planta de reciclaxe e compostaxe.

Marta Domínguez afirmou que o proxecto de Sogama incumpre totalmente cos requisitos de compostaxe e reciclaxe, xa que máis do 80 % dos residuos urbanos que chegan a Sogama son incinerados ou van parar ao vertedoiro. A técnica da planta de compostaxe do Barbanza explicou as vantaxes que terían este tipo de plantas como a do Barbanza, que priorizan a reciclaxe e compostaxe do lixo, fronte ao fracaso do modelo de Sogama que incinera case todo o lixo que recibe.

O responsábel comarcal sinalou que o BNG, aposta pola creación de plantas comarcais de reciclaxe e compostaxe, que ademais de crear postos de traballo, terían un menor custe ambiental e de transporte.

 

O BNG DO SALNÉS EXPÓN NUNHA CHARLA INFORMATIVA AS SÚAS ALTERNATIVAS AO MODELO DE SOGAMA.