O BNG DENUNCIA AS CONSTANTES INUNDACIÓNS EN MEIS.

O BNG DENUNCIA AS CONSTANTES INUNDACIÓNS EN MEIS.

A portavoz municipal do BNG de Me2011.02.07- FOTO Meis-reducidais, Pilar Xiráldez, denuncia os problemas de inundacións que están sufrindo algúns veciños e veciñas causadas polo río San Lourenzo cando se producen chuvias no noso concello.

Para a nacionalista, desde que se fixo a obra do nó de Curro, véñense producindo constantes queixas dos veciños e veciñas, e a maioría deles seguen sen ver solucionados os seus problemas pola desidia do concello.

Xiráldez sinala concretamente, que na zona de Rial, o río recolle as augas que baixan doutros regatos máis da zona de Ai, e a canalización que se fixo na estrada do Mosteiro é insuficiente e prodúcense desbordamentos de auga, anegando fincas e garaxes, o que está causando perdas económicas e multitude de danos nas propiedades privadas dos veciños e veciñas. Algúns destes veciños levan anos solicitando ao concello que arranxe este problema sen obter máis que as promesas do alcalde que nunca se cumpren.

Para o BNG, unha vez máis, o Partido Popular de Meis mostra o seu desprezo polos vecinos e veciñas do noso concello en vez de facer as obras que arranxarían dunha vez por todas este problema.