O BNG demanda a paralización do proxecto da Variante Padrón, Pontecesures e Valga.

O BNG demanda a paralización do proxecto da Variante Padrón, Pontecesures e Valga.

A deputada no Parlamento Galego, Montse Prado e a deputada no Congreso, Olaia Fdez. presentaron diversas iniciativas diante das consecuencias negativas que ocasionaría a construcción da Variante nos concellos afectados.

Tras a reunión que mantiveron este luns as deputadas Montse Prado e Olaia Fernández con representantes do Grupo de Goberno de Pontecesures e coa Plataforma de Afectados, O BNG presentou tanto no Parlamento Galego como no Congreso dos Deputados unha serie de iniciativas demandando a paralización da Variante.

Na Proposición no de Lei presentada no Parlamento Galego, a través da deputad2015.01.19- REUNIÓN AFECTADOS VARIANTEIMG_1396-1a Montse Prado, o BNG insta á Xunta de Galiza a dirixirse ao Goberno español demandando a retirada do proxecto polo enorme impacto da mesma nas propiedades de moit@s veciñ@s e empresas e que provocaría danos sobre infraestructuras, canalizacións de auga e medio ambiente.

A proxección dun viaduto, que cruzaría a Variante sobre o río Ulla desde a saída da autoestrada ata o concello de Pontecesures, tería un impacto grave sobre o ecosistema do río, que pertence á Rede Natura, perxudicando a pesca da zona e con elo o medio de vida dos pescadores, así como a perda de extensión nos terreos próximos á Variante e afectando o tramo do Camiño Portugués que pasa por este concello.

Ademais desde o BNG solicítase estudar conxuntamente cos representantes dos concellos afectados e cos veciños e veciñas outras alternativas ao proxecto provisional que ven de aprobar o Ministerio de Fomento e que supoña o uso de infraestructuras xa existentes tal e como veñen demandando a maioría dos veciñ@s destes concellos.

 

 

O BNG demanda a paralización do proxecto da Variante Padrón, Pontecesures e Valga.