O BNG DE CAMBADOS PÍDELLE A ARAGUNDE QUE RETIRE O VERTEDOIRO ILEGAL NA ZONA DE QUINTÁNS

O BNG DE CAMBADOS PÍDELLE A ARAGUNDE QUE RETIRE O VERTEDOIRO ILEGAL NA ZONA DE QUINTÁNS

O BNG de Cambados ven de solicitarlle ao goberno local, mediante escrito presentado no concello, que retire canto antes o lixo depositado nas Quintáns (Castrelo), que vai desde as proximidades de Condes de Albarei ata a Fundación “Manolo Paz”.

Hai que lembrar que o BNG de Cambados presentou unha batería de preguntas sobre a obra de acondicionamento neste lugar, por facerse nun espazo natural e protexido e, polas denuncias dos veciños e veciñas desa zona por véresen obrigados a ceder parte da súa propiedade para a ampliación da citada pista.

Nestes días púdose comprobar que na pista foi depositada unha gran cantidade e variedade de lixo (desde colchóns ata, inclu20140128_185949so, papeletas electorais do PP) que debe servir para que o concello tome nota sobre unha actuación que segue polo mesmo mal camiño polo que naceu.

Para o voceiro do BNG, Víctor Caamaño, é inconcebíbel que logo dun mes escasamente dende que o concello ven de anchear e, en teoría, acondicionar a pista, a día de hoxe dita pista atópase nun estado lamentábel, moito peor do que estaba antes do arranxo do concello.

Víctor Caamaño sinala que esta imaxe é un convite para que o lugar se convirta nun novo vertedorio ilegal en Cambados, algo que ultimamente ven sendo común no concello, e é por iso, que lle solicita ao concello que retire canto antes o lixo depositado na pista e que tome as medidas necesarias para que este tipo de actuacións deixen de ser tan habituais en Cambados.

 

O BNG DE CAMBADOS PÍDELLE A ARAGUNDE QUE RETIRE O VERTEDOIRO ILEGAL NA ZONA DE QUINTÁNS