O BNG – Asembleas Abertas de Vilagarcía de Arousa decide por unanimidade non entrar a gobernar

O BNG – Asembleas Abertas de Vilagarcía de Arousa decide por unanimidade non entrar a gobernar

O BNG – Asembleas Abertas de Vilagarcía de Arousa decide por unanimidade non entrar a gobernar no Concello de Vilagarcía

A asemblea aberta realizada onte polo BNG de Vilagarcía de Arousa decidiu por unanimidade non entrar en ningunha coalición de goberno co PSOE e non impedir a investidura.

Con este posicionamento o BNG asume a posición onde lle colocou a veciñanza de Vilagarcía de Arousa. Así mesmo o BNG continuará, coma sempre co traballo político dende a oposición, ao carón da cidadanía e colaborando man a man cos colectivos e veciñanza de Vilagarcía.

O BNG, nesta asemblea tamén, decidiu continuar a reforzar o papel das asembleas abertas ao considerar que foi e é unha ferramenta moi positiva para afondar no diálogo coa base do nacionalismo, -militantes e non militantes-, e para ampliar e reforzar a incidencia social do proxecto nacionalista.

 

O BNG – Asembleas Abertas de Vilagarcía de Arousa decide por unanimidade non entrar a gobernar