O BNG ACUSA A FOLE DE IRRESPONSABILIDADE NA SUA PROPOSTA DUNHA PASARELA A ILLA DE CORTEGADA

O BNG ACUSA A FOLE DE IRRESPONSABILIDADE NA SUA PROPOSTA DUNHA PASARELA A ILLA DE CORTEGADA

Para o BNG a proposta que pretende lanzar o Sr. Fole vai pon en perigo a conservación dun dos principais atractivos de Vilagarcía de Arousa tanto a conservación e mantemento do parque natural, aos parques de cultivo, como tamén a fisionomía da fachada marítima do propio pobo de Carril.

Para o BNG a perda da insularidade da Illa vai por en risco os seus valores naturais e o seu entorno medioambiental ademáis do seu carácter de insula que tivo influído na súa inclusión no parque natural das Illas Atlánticas.

O BNG entende que a construción dunha pasarela constituiría a porta para que este entorno se sometese a unha presión para a que non está preparada e que non soportaría. Este feito obrigaría tamén a realizar un amplo control, está o Concello ou a Dirección do Parque a facelo control?.

Por outra banda habería que ter en conta a incidencia negativa que podería ter sobre os parques de cultivo e tamén sobre a fachada marítima así como o seu encaixe na mesma, asi como nos valores da illa con unha enorme variedade de fungos (máis de 500 especies, e mesmo algunha especie nova descoberta na propia illa) ou o sotobosque de loureiros corren perigo se Cortegada acaba converténdose nunha zona de botellón.

Unha das principais causas da riqueza natural desta illa é a súa insularidade. O seu acceso por barco e conexión a pe, cando está a marea baixa a través do camiño do carro, co pobo de Carril foi o principal factor que ten contribuído no seu desenrolo como lugar particular e de gran valor natural, e é o que hai que poñer en valor.

Por outra banda, a día de hoxe están postas en marcha distintas iniciativas que inclúen visitas guiadas. O desenrolo de este tipo de iniciativas que utilizan como medio de transporte o marítimo e o peirao como base, son as que deberían garantir a visita de todas aquelas persoas que desexen visitar a Illa e tamén as que garanten o seu mellor control.

Dende o BNG entendemos que a Illa de Cortegada como parte do parque natural das Illas atlánticas, precisa dun desenrolo e tamén da mellora na súa conservación e mantemento do espazo e da súa contorna por enriba de calquera outro interese. A súa conservación debe priorizarse sobre calquera outro elemento e neste senso facela compatible co seu desfrute público.

Unha vez máis atopámonos diante da irresponsabilidade de Fole, que inmerso na súa campaña electoral, intenta vendernos grandes actuacións aínda que estas resulten negativas para os intereses do pobo. Para o BNG non é de recibo que na situación tan dramática que se está a padecer por parte da cidadanía con unhas necesidades que precisarían ser atendidas polos servizos sociais do concello, e mesmo cando as infraestructuras, zonas e espazos púbricos do noso concello se atopan nun estado lamentable e están totalmente desatendidos, por parte doPP se veña a propoñer unha obra como esta da pasarela.

O BNG insta ao goberno de Fole que se adique a solucionar os graves problemas que padece Vilagarcía e deixe de querernos vender “fontes luminosas” en campañas electorais e que esta pasarela a faga despois de facer a praia do embalse de Castroagudin, e non antes.