O BNG ACUSA AO GOBERNO DO PSOE DE MANTER UNHA POLITICA DE DEREITAS EN CONTRA DA NOSA CULTURA

O BNG ACUSA AO GOBERNO DO PSOE DE MANTER UNHA POLITICA DE DEREITAS EN CONTRA DA NOSA CULTURA

Para o BNG logo de coñecerse a negativa por parte do novo goberno do PSOE a subvencionar a colectivos culturais de Vilagarcía de Arousa para poder acudir ao CULTURGAL pregúntase canto ten que ver esta política do PSOE co novo pacto de goberno co PP.

O BNG ten claro que a actitude de negativa por parte do novo goberno do PSOE, amparándose na falla de presuposto, supón unha escusa para aplicar unha política continuista á do anterior goberno do PP en contra da nosa cultura e do movimento cultural existente en Vilagarcía de Arousa.

O BNG considera unha burla á cidadanía e aos colectivos culturais da nosa vila que o goberno eluda a falla de presuposto para non concederlle unha subvención a representantes da nosa cultura, mentras deciden adicar partidas importantes para liberar a xente do PP, sin ruborizarse.

Este feito, para o BNG, supón que este novo goberno ademais de coincidir na mesma política que viña aplicando o Partido Popular de Fole en contra dos nosos creadores, delata a coincidencia que sobre a nosa cultura teñen ambos partidos e a facilidade con que chegaron ao acordo de goberno.

O BNG, solicítalle ao PSOE e a Alberto Varela que atenda as demandas da xente da 20151002_112216-XAVIER RÍOSnosa cultura e cambie o rumbo emprendido no seu día polo goberno do PP. Neste senso resulta totalmente vergoñento e unha fraude á cidadanía que quen se tiña manifestado en contra das políticas culturais aplicadas polo PP e incluído no seu programa electoral un cambio nestas políticas, sexa agora quen de continuar aplicándoas logo de chegar a un pacto de goberno co PP.

Para o BNG resulta indecente, ademais dunha burla á cidadanía, o feito que dende o novo goberno do PSOE se intenten escudar na falla de presupostos para negarlle a colectivos culturais da nosa cidade o espallamento da súa obra; e máis aínda cando esta supón unha promoción da nosa cidade.

Entendemos que unha vez máis o PSOE, bota man da súa política de coincidencia co PP, coa finalidade de afianzar un pacto de goberno que lle permita sacar esta lexislatura aplicando un programa común.

Dende o BNG chamamos ao PSOE a traballar pola cultura, atender e dar prioridade ás necesidades da cidadanía na vez de afianzar as súas cadeiras a través dese pacto de goberno co PP, e neste caso concreto faciliten o espallamento da nosa cultura e promoción da nosa cidade concedéndolle esta subvención solicitada a este colectivo que pretende asistir a CULTURGAL.

Así, o BNG, se o Goberno do PSOE no Concello de Vilagarcía, non toma medidas nesta semana que entra para que o sector cultural vilagarciá estea presente na feira cultural galega máis importante deste país, presentará unha moción solicitando dito cambio e que poidan acudir e visibilizar e dar a coñecer a nosa cultura.

 

 

O BNG ACUSA AO GOBERNO DO PSOE DE MANTER UNHA POLITICA DE DEREITAS EN CONTRA DA NOSA CULTURA