Aprobada por unanimidade a candidatura nacionalista BNG-Asembleas Abertas Vilagarcía de Arousa

Aprobada por unanimidade a candidatura nacionalista BNG-Asembleas Abertas Vilagarcía de Arousa

10982907_627335480731010_6106720290260754464_oAprobada por unanimidade a candidatura nacionalista BNG-Asembleas Abertas liderada por María Villaronga

A lista destaca pola pluralidade, renovación, cohesión, honestidade e compromiso coa cidade e co país das persoas que a conforman.

BNG – Asembleas Abertas aprobaron nun acto aberto a veciñanza a candidatura encabezada por María Villaronga coa que concorrerán ás eleccións municipais de maio de 2015 para vertebrar Vilagarcía de Arousa cunha idea de país.

Logo dun proceso de asembleas abertas en que se propuxeron nomes e perfís para conformar a listaxe nacionalista de Vilagarcía de Arousa, aprobouse un candidatura conformada por María Villaronga, Xabier Rios, Lucia Cesar Veloso, Xosé Lois Leiros, Hortensia Rodríguez, Candido Meixide, Adrián Alcalde, Rosa Neira, Simón Barreiro, MariCarmén Campaña, Anxo Lúa.

No seguinte tramo van:

12. Ana Barreiro Barros, 44 anos, avogada. Actualmente exerce a avogacía no CIM do concello de Caldas de Reis.

13. Jose González Céspedes, 19 anos, veciño da Torre, teclista e coros no grupo de metal alternativo vilagarcía, BorderLine79, integrante do Banda Xuvenil de Barro, profesor de percusión na Escola de Música de Barro e estudante no Conservatorio Profesional de Música Manuel Quiroga de Pontevedra.

14. Mercedes Abad, 39 anos, veciña da Lomba, integrante do Grupo de Música Tradicional O Souto de Rubiáns. Colabora en diferentes eventos culturais.

15. Xose Lois D. Lucio, 44 anos, veciño do Sixto, Presidente da Asoc. Pésdebarro, fundador e compoñente do Grupo Tradicional Os Demos da Petaca, integrante do Grupo de Teatro Anónimo e profesor de teatro e de percusión tradicional en diferentes colectivos.

16. Mari Carmen Cancela, 38 anos, naceu en Barro, actualmente veciña das Carolinas, en Vilagarcía de Arousa. É membro do Colectivo Ecoloxista do Salnés.

17. Jose Antonio Ríos, 61 anos, veciño de Trabanca Badiña, actualmente reside na Escardia. Emigrante na Suiza, onde traballou coma albanel, foi afectado polo roubo da axencia tributaria e membro da Plat. de Emigrante Retornados do Salnés, foi membro da Comisión de Festas e da Asoc. de Veciños de Trabanca Badiña moitos anos.

18. Isabel Comendador, 53 anos, veciña de Vilagarcía, Restauradora. Realizou tamén estudos de Historia. Foi Presidenta e secretaria da Anpa do Colexio A Lomba.

19. Serxio González, 37 anos. Veciño de Bamio. Informático. Na actualidade traballa coma xestor loxístico na empresa Bosques do Atlántico. É coordinador do clube de fútbol de Bamio así coma adestrador da súa categoría xuvenil.

20. Helena Mariño, 38 anos. Veciña da Lomba. Técnica Superior de Baloncesto, na actualidade cursa estudos de Dereito na Universidade de Santiago. Xogadora profesional de baloncesto no equipo Cortegada-Extrugasa dende 1991 até 2005. Foi delegada da Federación Galega de Baloncesto en Vilagarcía e actualmente é coordinadora do Clube de Baloncesto Vilagarcía.

21. Xose Castro Ratón, 58 anos. Veciño de Carril. Licenciado en Socioloxía. Na actualidade traballa coma técnico bancario. Foi concelleiro e Portavoz Municipal do BNG dende 1999 até 2012, e tenente de alcalde no período 2007-2014. Participa en distintas entidades e fundacións de tipo cultural e social.

22. Tamara Blanco, 33 anos, veciña de Carril, actualmente reside nas Pistas. Realizou estudos de Filoloxía Inglesa na USC. Na actualidade traballa nun supermercado.

23. Xabier Rodríguez, 48 anos, veciño de Vilagarcía. Profesor de Ensino Secundario no IES Armando Cotarelo. Actualmente ocupa a responsabilidade de Secretario Local de CIG-Ensino O Salnés.

24. Victoria García, 39 anos, veciña de Vilaxoán de Arousa. Realizou estudos de administración e de comercio e marketing. Na actualidade traballa coma administrativa.

25. Xosé Pérez Faya, 90 anos. Traballou coma autónomo no sector do comercio. Foi presidente do clube de fútbol Arosa durante 8 anos. Represaliado pola dictadura, foi condenado á cadea en Bilbao por un tribunal especial contra o comunismo e a masonería.

A raíz deste proceso “Construíndo futuro”, incorporáronse máis persoas non militantes do BNG a esta candidatura baixo a garantía de diálogo, transparencia e cohesión, para vertebrar a cidade cunha idea de país.

Nesta asemblea, ademais de aprobar a candidatura, expuxéronse os métodos para continuar participando na elaboración do programa electoral, e decidiuse facer asembleas abertas sectoriais, e continuar coas asembleas zonais. Ademais, anunciouse que a campaña será de proximidade, onde os candidatos e candidatas conversarán de xeito constante con pequenos grupos de persoas para intercambiar ideas sobre o futuro da cidade de Vilagarcía de Arousa.

Aprobada por unanimidade a candidatura nacionalista BNG-Asembleas Abertas Vilagarcía de Arousa