A petición do BNG os vehículos de 25 anos non pagarán o imposto de vehículos de tracción mecánica

A petición do BNG os vehículos de 25 anos non pagarán o imposto de vehículos de tracción mecánica.

A petición do BNG os vehículos de 25 anos non pagarán o imposto de vehículos de tracción mecánica

A corporación municipal de Meis ven de aprobar a modificación da ordenanza fiscal de vehículos de tracción mecánica, dita modificación suporá unha exención  do imposto do 100% para os vehículos considerados históricos, isto quere dicir, para os vehículos  de 25 ou máis anos.

A modificación fíxose a raíz dunha proposta que o BNG de Meis realizou nun pleno do mes de maio. Dita proposta xurdiu pola queixa dun veciño do noso Concello que nos informou de que noutros Concellos da contorna este tipo de vehículos tiñan unha exención do 100% e no noso Concello non era así.

O BNG de Meis trasladou a proposta á alcaldía, que finalmente ven de aprobar a modificación, cousa que é de agradecer, xa que noutros casos o resultado non ten sido así e isto a quen ven prexudicando e a @s propi@s vecin@s.

O BNG de Meis cre que calquera tipo de inquedanzas d@s veciñ@s deben chegar ao pleno, e nos estamos dispos@s a trasladalas sempre que nolo soliciten. Máximo cando afecta á economía das familias.

Desde o BNG queremos informar tamén que están exentos deste imposto os vehículos para persoas de mobilidade reducida, os matriculados a nome de minusválidos para o seu uso exclusivo, os tractores, remolques e maquinaria provistos da Cartilla de Inspección Agrícola. En todos os casos haberá que solicitar a exención.