O GM de Catoira critica os orzamentos aprobados para 2018

Consideran que os orzamentos non atenden as necesidades reais da xente.

O GM de Catoira critica os orzamentos aprobados para 2018

O goberno do PSOE aprobou no pleno deste luns 26 de febreiro os orzamentos para o ano 2018.

“Son uns orzamentos só para gloria do alcalde e do equipo de goberno. Esquécense das necesidades da xente”

Para o BNG son uns orzamentos inxustos e insolidarios. Non é que non reduzan diferenzas entre os servizos básicos que existen nuns lugares con respecto a outros, senón que se seguen consolidando. Pódese comprobar. Non hai unha soa partida concreta para estes servizos.

O alcalde e o seu equipo dedica o 35% das inversións reais ao equipamento de edificios, que sen estar inaugurados, están estartelados e sen embargo non contemplan nin un só € para completar a rede de sumidoiros nos lugares que non hai.

Para o BNG o que importa é a “xente” por iso pensamos que sería imprescindible dedicar 430.000 € para levar a rede de sumidoiros e auga potable, entre outros, a: As Areas (Dimo), Souto da Vila, Busto, O Condado, O Paso e O Mirador (Abalo), A Balastrera e A Corredoira (Catro Camiños) en (Santabaia).

Por outra banda, non contemplan ningunha partida para actuacións e finalidades que o BNG leva tempo planteando e demandando, como por exemplo:

  • 10.000 € Recuperación e conservación do noso patrimonio etnográfico.
  • 7.000 € Medidas de seguridade no contorno CPI Progreso (Beirarrúas, pasos de peóns, etc).
  • 93.550 € para fomento do emprego, especialmente entre a mocidade.
  • 7.000 € en bolsas de estudos para as familias con máis necesidades. Permitiría, por exemplo, crear 150 axudas de 50 € para material escolar.
  • 10.000 € para mantemento das sendas fluviais, áreas recreativas e para a súa potenciación, e divulgación e conservación do patrimonio.
  • 5.000 € en materia de seguridade: varandas nas pontes (Freixeiro, Devenduda ...), vallas protección no río Beco-Catoira (estrada que une Cachopeiras e Coaxe).

Algunhas destas propostas foron aceptadas para incluir nos orzamentos do ano 2017. Non cumpriu nin unha soa. Este goberno de Catoira non é de fiar.

Iso si, o goberno socialista dedica unha parte das inversións reais a manter edificios que nin sequera se usan, estartelados, dando unha imaxe lamentable, a proba é evidente, e que só serven para niños de paxaros.  Preguntámonos canto lle custará manter a “gaiola” da lagoa Pedras Miúdas os próximos anos? Cantos cartos das veciñas de Catoira lle terá que dedicar?

Para o BNG a prioridade é a xente. Hai posibilidades.