O BNG de Catoira leva a pleno unha moción para a creación dun portal de transparencia.

Para o grupo municipal a institución que representa a todos os veciños e veciñas debe ser o máis transparante posible

O BNG de Catoira leva a pleno unha moción para a creación dun portal de transparencia.

Despois de que o BNG de Catoira alertara e denunciara a arbitrariedade na concesión de axudas e subvencións, o escurantismo e a falta de información no proceso de selección e contratación, tanto de persoal coma de obras e, incluso as irregularidades nos procedementos para pagar a determinadas persoas sen as correspondentes facturas, o BNG ven de prensentar unha moción para a creación dun portal de transparencia.

Para os nacionalistas a institución que representa a todas as veciñas e veciños debe ser o máis transparente posible. O dereito á información e a transparencia fomentan a igualdade, a eficacia, a eficiencia e a responsabilidade das autoridades públicas, contribuíndo así a reforzar a súa lexitimidade.

Dende o concello débese garantir a igualdade de oportunidade das persoas así como das empresas que poidan contratar co concello. Teñen que ser medidas que se poidan comprobar, é dicir, de acceso universal para as e os interesados e para todo o pobo.

O voceiro do BNG, Xoán Castaño advertiu que parra  garantir este dereito é necesario crear o portal da transparencia na páxina web institucional do concello, onde se publiquen todos os procesos de selección de persoal, a contratación pública, as axudas e subvencións así como as remuneracións a cargos públicos elixidos.  Ao mesmo tempo publicar os convenios e contratos, incluídos os menores, indicando o importe da adxudicación, a persoa ou empresa adxudicataria e o órgano que propón o contrato.

“Toda a información pública é accesible e relevante e ademais toda persoa ten acceso libre e gratuíto a ela, coas únicas excepcións previstas na lei.”

Para isto desde o BNG de Catoira proponse as seguintes medidas:

Publicar na web do concello, como mínimo, os seguintes apartados:

  • A relación de órganos colexiados, a composición e as súas competencias.
  • Publicar a través da páxina web do concello as retribucións da corporación municipal, do alcalde, así como das concelleiras e concelleiros do goberno por asistencia a comisións, xuntas de goberno, plenos etc., e as indemnizacións por asistencia a plenos e comisións dos restantes membros da Corporación.
  • Publicar a relación de postos de traballo e os cadros de persoal do concello.
  • As ofertas públicas de emprego. Proporcionar toda a información e publicidade sobre os procesos de selección de persoal así como das persoas contratadas a través dos distintos plans (da deputación ou de calquera outra institución): bases, prazos, composición do tribunal, probas, lista de admitidos e excluídos, reclamacións, impugnacións, etc.
  • Publicar, integramente, na web municipal os acordos das xuntas de goberno, resolucións da alcaldía, plenos e comisións, coas limitacións que determine a lexislación vixente en materia de protección de datos.
  • Publicar a contía das axudas e/ou subvencións municipais concedidas ás diversas entidades, así como a súa finalidade e os mecanismos de control para propia comprobación.
  • Publicar con antelación as obras, todas, incluídas as menores, que se pretenden facer, establecendo un período de tempo para que as empresas poidan presentar ofertas.
  • Publicar as obras adxudicadas: custe, data de comezo, previsión de data de remate, empresa que a realiza, etc e o procedemento de adxudicación.
  • A información relativa a todos os contratos menores, con indicación do obxecto, a duración, o importe de licitación e adxudicación, o número de licitadores participantes, a identidade do adxudicatario e o procedemento de adxudicación.
  • A débeda pública da Administración, con indicación da súa evolución,  e o endebedamento por habitante.